Cáritas Diocesana de Tui-Vigo aposta pola plena inclusión dos seus participantes a través dos proxectos A Carón e Mesturas

Estes proxectos poderán levarse a cabo grazas á concesión da subvención solicitada para a convocatoria 2020-2022 á Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Inclusión, e á cofinanciación parcial da mesma polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Cáritas Diocesana Tui-Vigo | Oct. 22, 2020

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social, aprobou a concesión das subvencións solicitadas para a convocatoria 2020-2022 a través da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Esta axuda concedeuse á nosa entidade para poder levar a cabo os proxectos A Carón e Mesturas, que teñen como obxectivo a inclusión básica de persoas. O primeiro está destinado a persoas nacionais e o segundo a persoas estranxeiras.
Estes proxectos levaranse a cabo dende o 1 de Xullo de 2020 hasta o 30 de xuño de 2022 e estarán cofinanciados parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSEG Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020). O seu enfoque principal será o de procurar plena inclusión e a mellora de eido persoal, social, familiar e educativo das persoas participantes, dotando ás mesmas dos recursos e habilidades precisas para fomentar a súa responsabilidade e autonomía.
O importe concedido a Cáritas Diocesana de Tui-vigo, distribuirase entre os anos 2020, 2021 e 2020 da seguinte maneira:

Por iso, a través de un modelo de intervención baseado no crecemento persoal dos participantes, incidimos nas accións de acompañamento e fortalecemento das habilidades persoais e sociais, cunha especial atención á intervención e o reforzo socio educativo dos menores. A nosa principal interese é fomentar procesos –reais e perdurables- de inclusión dende unha perspectiva participativa, a través dunha metodoloxía innovadora baseada en reforzar as potencialidades e capacidades persoais, partindo das súas motivacións e necesidades inmediatas.

Suscríbete para estar al día de nuestras noticias